EXPO 98 | |
---|---|
Tipo | exposición universal |
Campo de traballo | artes escénicas |
Data de fundación | 1998 |
En | Distrito de Lisboa |
País | Portugal |
38°46′04″N 9°05′45″O / 38.767703, -9.095821 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Expo '98 , oficialmente, Exposição Internacional de Lisboa de 1998,[1] foi a exposición especializada celebrada en Lisboa do 22 de maio ao 30 de setembro de 1998, cuxo tema foi "Os oceanos: um património para o futuro".[2]
A zona escollida para acoller a exposición foi a parte oriental da cidade próxima ao río Texo.
Construíronse varios pavillóns que ficaron ao servizo dos habitantes e turistas no que hoxe se chama Parque das Nações, onde se atopa o Oceanario, formado por 5 ambientes mariños diferentes e poboado por numerosas especies de peixes e mamíferos mariños) e un complexo de redes de transporte como estacións de metro e ferrocarril.
A Expo '98 tivo preto de 11 millóns de visitantes. O seu éxito débese tamén ás numerosas actividades culturais, por exemplo, os seus preto de 5.000 eventos musicais convertérono no festival de música máis grande da historia da humanidade. A exposición revolucionou esta parte da cidade dende o punto de vista arquitectónico, cambiando tamén os hábitos dos portugueses.